Friday 10 de May de 2024

Un convenio asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o concello de Riveira permitirá melloras no campo de fútbol de A Fieiteira


Marta Míguez Telle, titular da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e Manuel Ruiz Rivas, Alcalde de Riveira, veñen de asinar un convenio de cooperación para realizar melloras no complexo deportivo de A Fieiteira.
O proxecto, denominado “melloras na cuberta da grada do campo de fútbol de A Fieiteira”, será financiado na súa totalidade pola Secretaría Xeral para o Deporte que achegará a cantidade de
39.930,41 euros en base á valoración feita polos técnicos municipais sobre o custe da obra.
A cuberta da grada do campo de fútbol, no que se vai a desenrolar dita obra, está formada por unha chapa metálica que, actualmente, se atopa en moi mal estado, de aí a necesidade de substituíla e dotar as instalacións dunha nova cuberta de grada. Antes de comezar as obras realizaranse os traballos de desmonte.
Unha vez comezadas as obras, o período de execución asecenderá a un mes e medio.